Toma castaña. Galicia

Imaxe
04 - 30 de Novembro 2024, 18:00 - 14:00
Biblioteca Pública de Ourense

Exposición

Ven descubrir os impresionantes castiñeiros senlleiros da nosa comunidade, árbores que forman parte do valioso legado do patrimonio natural galego, e que nos regalan cada outono os seus froitos, as castañas, eses pequenos tesouros que se esconden nos seus característicos ourizos.

 

Mergúllate nun souto recreado especialmente para ti, nunha homenaxe a nosa terra e tradicións.

 

Os paneis están ordenados respectando as dúas seccións que compoñen o Catálogo galego de árbores singulares: árbores (identificadas coa letra A) e formacións (F). Dentro de cada unha destas seccións, o ritmo da exposición segue a orde cronolóxica na que foron incluídos nese catálogo."

(Acompañado do código QR que redirixe a el).

A exposición poderedes visitala no primeiro andar da biblioteca, na sección da hemeroteca no horario habitual de apertura.