24 - 31 de Outubro 2024, 8:30 - 20:30
Salva os bos libros do esquecemento
Día das bibliotecas 24 de outubro: por un futuro sostible
Salva un pack de libros do esquecemento.
Celebramos o Día das Bibliotecas deste ano 2024 animándovos a levar en préstamo un pack de libros e salvalos de ser desterrados ao cemiterio de libros esquecidos. Participa con nós nesta iniciativa coa que poderás salvar un pack sorpresa de libros e outros materiais de ser eliminados da colección da biblioteca e devolvelos de novo á vida.