Toupiciencia show

Imaxe
15 de Novembro 2025, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Contacontos con A Xanela do Maxín

Toupiña e o seu axudante Protonio, despois de descubrir a ciencia que se fai en Galicia, andan a buscar ás persoas científicas do futuro.

Andan a explorar facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico cos que promoven a curiosidade e mostran a gran importancia de facer preguntas para aprender e avanzar, ademais de poñer en valor o galego como lingua científica.

Dirixido a un público familiar.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.