Un conto máxico de Nadal

Imaxe
05 de Decembro 2024, 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Os nenos en nenas que asistan a este obradoiro terán aoportunidade de escoitar un conto cheo de maxia e  fantasía para ir preparándose de cara ao Nadal.Para poder chegar ao final deste abraiante conto os cativos e as cativas terán que aportar a súa creatividade e ralizar unha chea de actividades como mesturar, colorear, soprar, debuxar, selar e mesmo dicir unhas palabras máxicas.

Data e hora: xoves, 5 de decembro ás 18.00 h.

Público destinatario: infantil, de 4 a 7 anos

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores 27 de novembro ás 9.00 h.