20 de Febreiro 2026, 17:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Neste obradoiro os nenos e nenas terán a oportunidade de asistir a un contacontos onde a protagonista do conto é unha eiruga que vivirá unha auténtica aventura no proceso de converterse en bolboreta. Ao remate do conto os nenos e nenas poderán levar de recordo un marcapáxinas de eiruga elaborado por eles.
Data e hora: venres 20 de febreiro ás 17.00 h.
Público destinatario: infantil: de 4 a 7 anos
Inscrición previa na web da biblioteca a partir do día 11 de febreiro ás 09.00 h.