A verbateca

Imaxe
16 de Maio 2024, 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Entramos na Verbateca do barco da pirata Malapata e xogaremos xunto a ela para conseguir palabras fermosas galegas que serán o noso tesouro. Para iso repartimos entre os/as participantes unhas caixas piratas onde gardarán as palabras-tesouro conseguidas ao finalizar o xogo.A Verbateca do barco pirata “O Verbatín” ten botes con nomes das cores, de animais, de partes do corpo, de adiviñas, dos días da semana, de obxectos de uso cotiá, de contos,...etc

Data e hora: xoves, 16 de maio ás 18:00 horas

Público destinatario: infantil, de 4 a 7 anos

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do día 8 de maio ás 9:00 horas