27 de Xullo 2023, 12:00
con Sole Felloza
Como todos os xoves deste mes de xullo teremos bebecontos para nenas e nenos de 1 a 3 anos, o de hoxe estará a cargo de Sole Felloza "A viaxe de Lup"
Lupodivico Fernando Gómez de Tipiminí é un lobo moito máis pequeno que o longo nome que lle puxo a súa nai, por iso todo o mundo chámalle Lup.
Un día Lup preparou a súa maleta e foise dar a volta ao mundo. Un xersei, unha bufanda, unhas medias quentiñas, un libro de contos, unha pucha, unha mantiña, a cámara de fotos e...unha chupeta! Un lote de cousas para recoller un montón de contos de Igualdade.
Anímaste a vir?
A inscrición pódese facer dende o venres anterior á actividade chamando aos números de teléfono: 988 788 385 / 386