14 de Maio 2026, 18:00
Bebeconto con Raquel Queizás
Nano está a aprender o nome das cousas, as cores, aos poucos, todo o fai xogando ata que lle toca compartir a auga da súa cunca amarela co pequeno paxaro vermello, Pío: -Non!, di Nano, a auga é miña…
Bebeconto para nenas e nenos de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta.
Para asistir é necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres anterior a actividade ben presencialmente ou chamando aos teléfonos : 988 788385 /386.
Só se poderán reservar 2 prazas por chamada.