04 de Decembro 2025, 17:30 - 18:15
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Dúas sesións: 17:30 e 18:15 h.
Nano está a aprender o nome das cousas, as cores, aos poucos, todo o fai xogando ata que lle toca compartir a auga da súa cunca amarela co pequeno paxaro vermello, Pío.
-Non!, di Nano, a auga é miña…
Idade: de 0 a 3 anos.
Duración: 30 minutos.
Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.