Contacontos con Chus Álvarez
Voar sen medo é unha montaxe de narración oral dividida en tres partes.
A primeira, co conto Valados, de Agustín Fernández Paz, contado con manipulación de obxectos. Con el descubriremos o valor da amizade por riba das diferenzas e derrubaremos muros e medos.
Despois, co libro Sen fronteiras, de Imapla, co que xogaremos a inventar un mundo sen valados.
Para finalizar, e baseándonos na esencia de ambos os dous libros, aprenderemos a facer avións de papel, como facían os protagonistas de Valados para intentar comunicarse. Neles escribiremos mensaxes en clave para as persoas que queremos, cun único destino: un mundo libre.
Porque o ceo non sabe de fronteiras. Porque o aire non entende de valados.
Para nenas e nenos de 3 a 8 anos.
No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.