Lectura pública da obra de Begoña Caamaño
Cedemos o noso espazo para acoller Voces para Morgana, unha lectura pública da obra de Begoña Caamaño. Esta iniciativa, proposta polo Festival Atlántica, conmemora o ano das Letras Galegas dedicado á autora.
Amigas e amigos de ASPANAES, poetas, lectoras, persoas do mundo da cultura e público en xeral lerán ou narrarán textos da súa obra. A súa palabra, feminista, lúcida, combativa e fondamente humana, seguirá viva nas nosas mans e nas nosas voces.
Se desexas ler ou ser parte da garda de escoitadores/as, consulta a seguinte ligazón e inscríbete: https://festivalatlantica.gal/voces-para-morgana/
Se queres asistir como público, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
No salón de actos. Para público adulto.