Zapatiños de cartón e a carta dos bosques

Imaxe
03 de Febreiro 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Contacontos con Anxo Moure

Sesión de contacontos na que un fabricante de zapatos da vella fábrica de Montealegre chega á biblioteca para camiñar con zapatos de cartón polos contos e as historias na procura da carta dos bosques para coidar a terra.

Dirixido a público infantil de idades entre 3 e 8 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.