Subvención a concellos para a dotación de novidades editoriais en galego e mellora das coleccións bibliográficas.
Orde do 16 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, para a adquisición de novidades editoriais en galego e para a mellora das coleccións, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT235A).
Poderán ser beneficiarias desta subvención todas as entidades locais de Galicia que sexan titulares de bibliotecas públicas ou axencias de lectura integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, así como as agrupacións de concellos para a prestación de servizos bibliotecarios comúns.