Subvencións para o equipamento e a mellora das instalacións e locais para actividades culturais

2023

Subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e a mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais.

A Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades, dentro da súa aposta pola dinamización cultural do país, considera necesaria a mellora das condicións de equipamento e a mellora das condicións técnicas dos locais das entidades locais co fin de abrir as súas ofertas culturais aos novos campos da cultura. Co obxecto de facilitar o reequilibrio territorial na distribución cultural e tratar de contribuír ao desenvolvemento cultural das zonas menos poboadas, a Consellería aposta por apoiar aquelas entidades menos poboadas de xeito que toda a cidadanía teña as mesmas oportunidades de acceso á cultura.

Así mesmo, a través da convocatoria desta liña de axudas, pretende continuar co labor de mellorar a infraestrutura dos equipamentos culturais co fin de dotar dos medios necesarios para que as entidades locais comprometidas coa acción cultural poidan executar os seus programas culturais, así como contar coas oportunas infraestruturas que lles permitan a adecuada realización das actividades culturais que promovan, garantindo así o servizo público que prestan á cidadanía.