Listaxe provisional de admitidos en "A comicteca na biblioteca pública: xestión e promoción"
Para festexar o marzo asiático na biblioteca, o artista xaponés Masakazu Shida, volve para achegarnos a esta tradición milenaria tan propia da cultura nipona.
As prazas son limitadas polo que é necesaria a inscrición previa que poderase realizar dende o venres 13 de marzo ás 9 h nos números de teléfono: 988 788385 /386 ou ben presencialmente.
Este xoves, e no mes do Día da muller traballadora, os roteiros guiados están centrados nas figuras das mulleres. Nesta tarde veremos a historia da cidade a través das mulleres que poboaron e construiron o Ourense actual.
Inscricións dende o venres 20 de marzo ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono 988 788 386/386.
Se tes entre 4 a 6 anos vente á biblio a escoitar historias cheas de imaxinación.
Mentras dura a sesión, as nenas e nenos quedarán sós coa contadora para gozar do conto en calma.
É necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres anterior á actividade presencialmente ou chamando aos números de teléfono : 988 788 385 / 386
Este segundo roteiro do mes céntrse nas figuras das mulleres de Nós. En 1920 nace na cidade unha revista cuxa cabeceira dará nome a toda unha xeración de intelectuais, Nós. Nesta ocasión imos poñer en valor ás mulleres que, aínda que en menor medida, fixeron a súa contribución a esta publicación e estiveron esquecidas por moito tempo.