A través deste obradoiro creativo os nenos e as nenas poderán realizar diferentes figuras coa técnica xaponesa de plegado de papel ou origami, para logo crear as súas propias historias en grupo deixando voar a súa imaxinación.
O día 13 de setembro ás 9:00 h. ábrese o prazo de inscrición para os clubs de lectura. A inscrición poderá facerse de dous xeitos:
De xeito presencial o día 13 a partir das 9:00 h
A través de formulario a partir do día 14 ás 9:00 h ata o día 30 ás 21:00 h
Este ano contaremos con cinco clubs:
Curso de filosofía aberto a cargo do Dr. en Filosofía e CC.EE. Domingos Antom Garcia Fernandes. Actividade realizada ao abeiro do Programa de voluntariado cultural nas bibliotecas públicas.
-Curso académico 2024-2025
-Data e hora: mércores (de outubro a maio) de 19 a 20:45 h. no Salón de Actos.
-Entrada de balde, sen inscrición previa