O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. É unha iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
Durante esta xornada realízanse diferentes actividades nas bibliotecas públicas, como charlas, mesas redondas, contacontos, obradoiros e exposicións.
Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural e, en particular, no eido da literatura, cada ano é homenaxeado un ilustrador ou ilustradora histórico no ámbito galego.
Nos últimos anos as figuras homenaxeadas foron:
- 2026: Siro
- 2025: Xosé Vizoso
- 2024: Xesús "Chichi" Campos
- 2023: María Antonia Dans
- 2022: Reimundo Patiño
- 2021: Lolita Díaz Baliño
- 2020: Cándido Fernández Mazas
- 2019: Federico Ribas
- 2018: Camilo Díaz Baliño
- 2017: Álvaro Cebreiro