Memoria 2020

Imaxe
Xeral
Acceso restrinxido
Non

A Secretaria Xeral de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro, elabora a estatística anual da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia a partir dos datos que proporciona cada unha destas bibliotecas.

Para a recollida de datos a Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro pon a disposición das bibliotecas publicas da rede un cuestionario estatístico realizado en coordinación coa Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura y Deporte, que recolle as suxestións e recomendacións feitas polo Grupo de Traballo de Estatísticas de Bibliotecas Públicas. Segundo os datos recompilados na Memoria de 2020 a rede de bibliotecas rexistrou 5.193.510 visitas, 44.512 novos usuarios e realizou 16.291 actividades. Con respecto ao directorio de bibliotecas, no ano 2020 integrouse na rede a Biblioteca Pública Municipal de Barro.