A memoria anual da Rede de Bibliotecas de Galicia recolle un resumo das actividades levadas a cabo e os principais datos estatísticos da Rede para a última anualidade.
A memoria fai un repaso polo directorio de bibliotecas, no que se recollen os datos básicos de localización, titularidade, órgano xestor, vinculación e datos de contacto. Este directoria actualízase anualmente e no 2021 renovouse o seu deseño con máis información e funcionalidades.
Así mesmo inclúe as novas incorporacións á Rede, que neste ano foron a Biblioteca Pública Municipal de Cenlle e a Biblioteca da Agrupación Folclórica Queixumes dos Pinos.
Por outra banda, recolle as estatísticas de bibliotecas, que achegan datos como o número total de persoas usuarias, que foi de 793.204, ou os préstamos realizados, que ascenderon a 1.242.520.
Ademais, achega os resultados dos programas de promoción da lectura, como "Ler conta moito", e das actividades de programación cultural nas bibliotecas públicas xestionadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.