Memoria 2022

Imaxe
Xeral
Acceso restrinxido
Non

A Memoria 2022 da Rede de Bibliotecas de Galicia recolle a información dos resultados acadados pola Rede na última anualidade relativos tanto á súa actividade ordinaria como ás actividades e programas impulsados.

Segundo as estatísticas das bibliotecas no 2022 a rede sumou 19.843 persoas usuarias novas e realizou 7.907 actividades cun público asistente de 24.235 persoas. O total de visitantes rexistrados foi de 2.655.125.

No 2022 integráronse na Rede de Bibliotecas de Galicia a Axencia de Lectura das Somozas e a Biblioteca Estudos Mindonienses, dependente da Diócese Mondoñedo-Ferrol, esta última como biblioteca especializada.

Como fito do ano leváronse a cabo os traballos de definición, planificación e licitación do contrato administrativo para a xestión de dúas bibliotecas móbiles que darán servizos a vinte concellos (dez na provincia de Lugo e dez na de Ourense) que non contan con servizos bibliotecarios fixos e que pola súa escasa poboación non teñen obriga de dispoñer destes equipamentos.