10º Encontro de Lectura Fácil

En Santiago de Compostela o 10 e 11 de maio, no Salón de actos da Escola Galega de Administración Pública

O 10º Encontro de Lectura Fácil que organiza a Asociación de Lectura Fácil, este ano celebrase en Santiago de Compostela e conta coa colaboración da Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro. 

Durante a xornada coñeceremos boas prácticas e casos de éxito no fomento da lectura nas bibliotecas e entidades. Ademais, faremos talleres sobre como crear e dinamizar un club de Lectura Fácil, e como adaptar textos educativos ou administrativos a LF.

O encontro pecharase con diversas mesas redondas sobre o fomento da lectura nas aulas, as editoriais inclusivas e o apoio das administracións.

As prazas presenciais són limitadas e hai que inscribirse de forma gratuíta neste formulario.  

A xornada tamén se poderá seguir en directo a través de Youtube.