Máis alá da prescrición. Mediación, lectura e bibliotecas
O 28 de outubro de 2025 terá lugar a 1ª Xornada Internacional de bibliotecas públicas Galicia – Norte de Portugal, no marco do Proxecto Nortear, baixo o lema Máis alá da prescrición. Mediación, lectura e bibliotecas.
O evento terá lugar no Auditorio do edificio CINC da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
Nesta xornada abordaranse cuestións como as novas canles de mediación lectora, as diferentes formas de acceder aos libros na era dixital, as estratexias para atraer novos públicos e as mellores prácticas para fortalecer a lectura crítica, o pracer lector e a función social das bibliotecas. Será un espazo para compartir experiencias, descubrir proxectos innovadores e reflexionar sobre o futuro da mediación lectora no ámbito público.
Durante a xornada tamén se celebrará a entrega dos Premios Bibliotecas que inspiran 2025.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 23 de outubro.
Toda a información e inscrición na xornada, na Área para profesionais, no apartado Xornadas e encontros profesionais.
