Adianto da resolución das axudas para a mellora de coleccións e novidades editoriais en galego (2026)

Imaxe
Data de publicación

Como adianto á súa publicación oficial no DOG, e co obxectivo de que as entidades locais poidan coñecer o estado da súa solicitude coa maior brevidade, facilítase o acceso ás resolucións.

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude resolve a adxudicación das axudas destinadas ás entidades locais titulares de bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia para o ano 2026.

Estas axudas estrutúranse en dous programas de financiamento:

  • Programa A (Novidades editoriais): subvencións para a adquisición de novidades editoriais en galego en formato físico, cun importe total concedido de 137.998,25 €.
  • Programa B (Mellora de coleccións): subvencións para a mellora das coleccións bibliográficas, cun importe total concedido de 285.999,28 €.

Para consultar os importes detallados asignados a cada concello beneficiario, descargue as resolucións nesta ligazón.

Os prazos para interpoñer recurso contra estas resolucións comezarán a contar unha vez que se publiquen no DOG.