Concurso de Microrrelatos “Bibliotecas máis aló dos libros”
A Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura y Deporte lanza a convocatoria do Concurso de Microrrelatos “Bibliotecas máis aló dos libros”. Esta iniciativa enmárcase dentro das actividades que se están levando a cabo desde este Ministerio para a celebración do Ano Iberoamericano das Bibliotecas (AIB) 2021.
Este concurso constitúe unha forma de establecer unha relación entre o fomento da lectura e o Eixo 3 do AIB: As bibliotecas máis aló dos libros: un lugar para as persoas, entendendo as bibliotecas como espazo social e de encontro cidadán. Ademais, o obxectivo da convocatoria é promover a creación literaria e a lectura, así como a función social e educativa das bibliotecas.
O prazo de presentación dos textos permanecerá aberto ata o próximo 30 de setembro ás 23:59 horas. As categorías ás que se poden adscribir os participantes son:
- Adulto: a partir dos 18 anos
- Xuvenil: entre os 12 e os 17 anos.
Podedes consultar toda a información e as bases completas en: Concurso de microrrelatos - | Ministerio de Cultura y Deporte