Bibliotecas públicas españolas en cifras

Imaxe
Data de publicación

Publicación das estatísticas de 2019

A Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria publicou os datos estatísticos das bibliotecas públicas españolas correspondentes ao ano 2019. Poderedes consultalos a través do portal do Ministerio de Cultura y Deporte, no seguinte enderezo: https://www.ccbiblio.es/cifras-2019-de-las-bibliotecas-publicas-espanolas/

 

Estas estatísticas elabóranse en cooperación coas CCAA e teñen por obxectivo poñer en marcha toda unha serie de accións encamiñadas a obter datos fiables en torno ao servizo bibliotecario e proporcionar ferramentas para a análise e avaliación deses datos. Trátase de dar conta da situación bibliotecaria española e do nivel de desenvolvemento alcanzado polas bibliotecas públicas españolas.

 

Máis Información dos principais indicadores en: https://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/areas/bibliotecas/mc/ebp/portada.html