Bolsas de formación en biblioteconomía

Imaxe

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas

Examinadas as solicitudes presentadas e á vista da acta da Comisión de Valoración, de conformidade co disposto no artigo 19 da orde de convocatoria, procede facer públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas.

As persoas solicitantes disporán dun prazo de dez días para formular alegacións ante estas listaxes provisionais. As alegacións presentaranse de xeito electrónico, accedendo ao expediente na carpeta cidadá da persoa solicitante, mediante o formulario normalizado habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/carpeta-do-cidadan.