Bolsas de formación en biblioteconomía 2022

Imaxe

Instrución sobre a equivalencia da nota media do expediente académico

Na valoración das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 30 de decembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras das bolsas de formación en biblioteconomía e se convocan para o período 2022‑2023, a nota media global do expediente académico obtida con base na escala numérica de 0-4 do Anexo I do Real decreto 1497/1987, do 27 de novembro, será equivalente a outra nota media global, baseada na escala numérica de 0-10 do Real Decreto 1125/2003, do 5 de setembro, segundo a táboa de conversión que aparece no documento de instrución publicado embaixo.