Centro Regional para el Fomento el Libro en América Latina y el Caribe (CERLALC)

Imaxe

Enquisa sobre as necesidades das bibliotecas públicas

O Centro Regional para el Fomento el Libro en América Latina y el Caribe (CERLALC), organismo intergobernamental baixo os auspicios da UNESCO, solicita a colaboración das bibliotecas públicas dos países iberoamericanos, coa finalidade de identificar as prioridades para a renovación da Axenda bibliotecaria en Iberoamérica, que é tamén é un dos obxectivos centrais das III Jornadas Iberoamericanas por las Bibliotecas Escolares y Públicas.

A través dunha enquisa aberta aos bibliotecarios públicos, escolares e comunitarios de Iberoamérica, o CERLALC busca identificar as principais necesidades das bibliotecas e das súas comunidades. Podedes acceder a ela desde esta ligazón.

Os participantes nesta enquisa serán incluídos como asinantes do documento final de Cerlalc-Unesco dirixido aos países Iberoamericanos e, adicionalmente, poderán participar no curso "Diseño de servicios bibliotecarios para la nueva normalidad",  que se ofrecerá de forma gratuíta no segundo semestre do presente ano.