Concurso Gálix Día Internacional do Libro Infantil 2021

Imaxe
Data de publicación

Ampliación do prazo de presentación de propostas para o concurso "Eu son..."

En conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil que se celebra o 2 de abril, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) convoca o concurso «Eu son» co obxectivo de incentivar a lectura de literatura infantil e xuvenil galega entre o alumnado de Educación Primaria e 1º ciclo de Educación Secundaria, promover e defender a súa potencialidade expresiva e contribuír á divulgación da creación de autoras e autores galegos.

A actividade desta edición consiste en escoller unha personaxe dunha obra da literatura galega, gravarse en vídeo (empezando por dicir «Eu son...») e nomear á personaxe, explicando a continuación quen é ou representándoa teatralmente. Amplíase o prazo de presentación dos traballos, que poderán enviarse antes do venres 7 de maio, a través das seguintes redes sociais:

- Instagram: @somosgalix

- Twitter: @GALIX_

- TikTok: en_galix

As tres categorías para as que se establecen os premios son:

- Lectorado inicial (1º, 2º e 3º de primaria)

- Lectorado avanzado (4º, 5º e 6º de primaria)

- Superlectorado (1º e 2º de secundaria)

Nas seguintes ligazóns poderedes consultar as bases da convocatoria, acceder ao cartel e ao folleto elaborados para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e visualizar o vídeo confeccionado pola OEPLI.