Data de publicación
Xa está aberta a convocatoria do Selo CCB 2025 de recoñecemento á innovación bibliotecaria
O Ministerio de Cultura vén de convocar unha nova edición do Concurso Selo CCB, que premia proxectos innovadores realizados por bibliotecas de diferentes tipos vinculadas ás administracións públicas españolas.
Concederanse ata sete premios, cunha dotación económica de 5.000 euros cada un, correspondentes a bibliotecas das seguintes modalidades:
- Bibliotecas escolares (Modalidade A): centros sostidos con fondos públicos de Educación Infantil e Primaria.
- Bibliotecas escolares (Modalidade B): centros sostidos con fondos públicos de Educación Secundaria, Formación Profesional, educación especial e centros de educación de personas adultas.
- Bibliotecas especializadas.
- Bibliotecas nacionais e rexionais.
- Bibliotecas públicas: modalidade ata 10.000 habitantes.
- Bibliotecas públicas: modalidade máis de 10.000 habitantes.
- Bibliotecas universitarias.
O prazo para presentar as solicitudes estará abierto ata o día 20 de xuño de 2025.