Convocados dous cursos dirixidos ao persoal bibliotecario da Rede
Desde mañá 20/02/2020, ás 8.00 h., e ata o 27/02/2020 ás 23.55 h., permanecerá aberto o prazo para a inscrición nos seguintes cursos convocados pola Escola Galega de Administración Pública:
- Axenda 2030 e bibliotecas: oportunidades e retos (presencial, 15 h.)
- A expurgación na colección das bibliotecas públicas (presencial, 12 h.). Advertimos dun erro na data do exame (non será o 21/04/2020 ás 13.00 h., senón o 16/04/2020 ás 13.00 h.)
Podedes acceder á convocatoria publicada hoxe 19/02/2020 no DOG na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200219/AnuncioO150-110220-0001_gl.html
As solicitudes presentaranse telematicamente a través da "Zona de matrícula nos cursos online" da EGAP no seguinte enderezo: https://egap.xunta.gal/matricula/login.php
Aqueles de vós que non contedes cun usuario e contrasinal para solicitar os cursos por esta vía, tedes que darvos de alta a través do seguinte enderezo: https://egap.xunta.gal/matricula/novoUsuario.php
Unha vez feito este trámite, xa podedes solicitar os cursos en https://egap.xunta.gal/matricula/login.php