Data de publicación
Convocados dous cursos dirixidos ao persoal bibliotecario da Rede
Aberto o prazo de inscrición desde hoxe 17/06/2021, e ata o 30/06/2021 ás 23.55 h., nos seguintes cursos convocados pola Escola Galega de Administración Pública:
- Axenda 2030 e bibliotecas: oportunidades e retos (presencial, 15 h.)
- A expurgación na colección das bibliotecas públicas (presencial, 12 h.)
Podedes acceder á convocatoria publicada no DOG desde a seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210616/AnuncioO150-090621-0001_gl.html
As solicitudes presentaranse telematicamente a través da "Área de matrícula" da EGAP no seguinte enderezo: https://egap.xunta.gal/matricula/