Convocatoria de cursos da EGAP 2022 (primeiro semestre)

Imaxe

Convocado un curso dirixido ao persoal bibliotecario da Rede

Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se convocan as actividades de formación da Escola Galega de Administración Pública para o primeiro semestre de 2022, entre as que se oferta"Sácalle partido aos datos da túa biblioteca" (presencial, 25 horas).
 
O seu contido está orientado a comprender a importancia da corrección e fiabilidade dos datos na xestión diaria dos servizos bibliotecarios, como medio para extraer información de calidade, e como instrumento para a toma de decisións sobre os niveis de prestación dos servizos e a planificación estratéxica do futuro.
 
Obxectivos

- Aclarar conceptos básicos da colección, a súa organización e o seu uso.

- Comprender a importancia da corrección na introdución de datos no sistema de xestión.

- Aprender a extraer e manexar os datos estatísticos.

- Aprender a manexar o formulario de estatísticas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

- Mostrar as vantaxes de contar con información para avaliar os niveis de prestación dos servizos bibliotecarios.

- Reflexionar sobre a importancia da recollida e a explotación da información dispoñible
 
Datas e horario
25 de abril, das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.00 h

26 de abril, das 9.00 ás 14.00 h

2 de maio, das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.00 h

3 de maio, das 10.00 ás 14.00 h
 
Destinatarios
Persoal bibliotecario, técnico e auxiliar, da Rede de bibliotecas públicas de Galicia ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.
 
Lugar de celebración
Santiago de Compostela

 

Prazas
25

 
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A inscrición farase telematicamente a través da "Área de matrícula" da EGAP no seguinte enderezo: https://egap.xunta.gal/matricula