Convocatoria de cursos da EGAP 2023 (segundo semestre)

Convocado un curso dirixido ao persoal bibliotecario da Rede

Publicada, no Diario Oficial de Galicia, a resolución pola que se convocan as actividades de formación da Escola Galega de Administración Pública para o primeiro semestre de 2023, entre as que se oferta"A expurgación na colección das bibliotecas públicas" (presencial, 12 horas).

O seu contido está orientado a comprender a importancia da xestión da colección como un proceso sistemático de construcción e mantemento dos fondos dunha biblioteca e asumir a expurgación como un elemento esencial para manter unha colección actualizada, atractiva e equilibrada.

Programa

  • Conceptualización da expurgación.
  • Planificación.
  • Criterios.
  • Destino dos fondos obxecto da expurgación.
  • Avaliación da expurgación.

Datas e horario

  • 2 de outubro de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.
  • 3 de outubro de 10:00 a 14:00 h.

Destinatarios

  • Persoal bibliotecario, técnico e auxiliar, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lugar de celebración

  • Santiago de Compostela

Prazas

  • 25

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 03/09/2023, ás 23.55 h. A inscrición farase telematicamente a través da "Área de matrícula" da EGAP no seguinte enderezo: https://egap.xunta.gal/matricula

Documentación