Convocatoria de cursos da EGAP 2025 (primeiro semestre)

Imaxe
Data de publicación

Convocados tres cursos dirixidos ao persoal bibliotecario da Rede

Publicada, no Diario Oficial de Galicia, a resolución pola que se convocan as actividades de formación da Escola Galega de Administración Pública para o primeiro semestre de 2025, entre as que se ofertan tres cursos para o persoal bibliotecario da Rede de Bibliotecas de Galicia. 

A data de matrícula comeza o 21/02/2025 e fnaliza 27/02/2025.

Cursos: 
  • Ferramentas de comunicación cultural

    Datas: 2 ao 30 de xuño

    Obxectivos : dotar de ferramentas de comunicación dixital ao persoal vencellado á xestión e á difusión museística e cultural.

  • Estatísticas e avaliación en bibliotecas

    Datas: 28 e 29 de abril (presencial)

    Obxectivos
    • Coñecer e familiarizarse cos conceptos e a terminoloxía do ámbito de avaliación de bibliotecas.
    • Coñecer metodoloxías e técnicas aplicables para a avaliación de bibliotecas.
    • Visualizar as posibilidades de desenvolver proxectos de avaliación na propia contorna entorno de traballo

  • Conservación en bibliotecas e centros de documentación

    Datas: 19 de maio ao 5 de xuño

    Obxectivos
    • Familiarizar o alumnado con temas cotiáns como a alteración ou os principais elementos de conservación preventiva, dando prioridade ás actividades relacionadas coa prevención da deterioración e a práctica diaria.
    Obxectivos específicos
    • Entender a preservación como elemento de xestión bibliotecaria.
    • Entender os procesos de deterioración dos materiais documentais.
    • Os métodos de conservación

Documentación