Convocatoria de cursos da EGAP 2026 (primeiro semestre)

Imaxe
Data de publicación

Convocados dous cursos dirixidos ao persoal bibliotecario da Rede

No Diario Oficial de Galicia do 18.02.2026 publicouse a convocatoria de actividades de formación da Escola Galega de Administración Pública para o 2026

Entre a oferta formativa inclúese a segunda edición do curso Conservación en bibliotecas e centros de documentación, dirixido a irectores/as e persoal bibliotecario, técnico e auxiliar, de bibliotecas públicas e arquivos dependentes da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades locais galegas. 

Impartirase en modalidade de telepresenza entre os días 14 de maio e 1 de xuño, cos obxectivos seguintes: 

  • Familiarizar o alumnado con temas cotiáns como a alteración ou os principais elementos de conservación preventiva, dando prioridade ás actividades relacionadas coa prevención da deterioración e a práctica diaria.

Obxectivos específicos:

  • Entender a preservación como elemento de xestión bibliotecaria.
  • Entender os procesos de deterioración dos materiais documentais.
  • Os métodos de conservación

Tamén se convocou o curso Ferramentas de comunicación cultural, dirixido ao persoal de centros museísticos, arquivos e bibliotecas da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da administración institucional, co obxectivo de dotar de ferramentas de comunicación dixital ao persoal vencellado á xestión e á difusión museística e cultural.

Desenvolverase en formato presencial en Santiago de Compostela, entre os días 1 e 22 de xuño.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de febreiro de 2026.

Documentación