Día da Ilustración 2024

Imaxe

O Día da Ilustración 2024, que se celebrará o 30 de xaneiro, homenaxeará este ano ao artista Chichi Campos. Bibliotecas e escolas de Arte Superior xa teñen programadas numerosas actividades para conmemorar este día e ao seu homenaxeado.

Actividades programadas

Ademais do cartel representativo da artista Rebeca Varela, coñecida como Perdivel, a Xunta de Galicia e AGPI teñen todo preparado para as actividades, na que destaca a mostra bibliográfica Xesús Chichi Campos: o humor de trazo elegante na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura. Estará dispoñible do 30 de xaneiro ao 12 de maio e nela participan artistas como Leandro Barea, Iván Mourente e Idoia de Luxán, entre outros. Tamén cabe salientar a proxección do documental Chichi Campos e mais eu, realizado polo seu fillo Nico Campos. Proxectarase o día 30, ás 18:00 horas, nas bibliotecas da Xunta na Coruña e Pontevedra; os días 29 e 30, ás 18:00 horas, na Biblioteca Juan Compañel de Vigo, e o 2 de febreiro, ás 19:00 horas, na Biblioteca de Galicia. A programación das bibliotecas da Xunta completarase con obradoiros, contacontos e exposicións.

Con esta serie de iniciativas, a Xunta de Galicia quere render unha homenaxe a Xesús Campos Álvarez, coñecido como Chichi Campos, “un home que fixo moitas cousas en apenas 39 anos de vida. Ademais de home político e pai de familia, foi debuxante, humorista, columnista e guionista, un artista cunha personalidade moi marcada que xa é unha das testemuñas máis lúcidas dos anos da Transición en Galicia.

Documentación