Siro, o artista homenaxeado este ano
O Día da Ilustración 2026, que se celebrará o vindeiro 30 de xaneiro, homenaxeará este ano ao artista Siro. Coñecido polo seu traballo como caricaturista político e humorista gráfico, destaca tamén como retratista, debuxante e pintor, ademais de noutros eidos coma o do xornalismo ou o ensaio.
Actividades programadas
Ademais do cartel da artista Clara Cerviño, a Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) programaron actividades, obradoiros e mostras en bibliotecas e escolas de arte superior para conmemorar este día e homenaxear ao artista.
Entre elas destaca a mostra bibliográfica Siro: a vida nun lápis na Biblioteca de Galicia, do 30 de xaneiro ao 10 de maio, o contacontos Pintando o humor con Siro, o 31 de xaneiro ás 12.00 h., na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal ou o obradoiro Creación de mensaxes secretas dedicado a Siro López, o 30 de xaneiro, ás 18.00 h., na Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel.
Na imaxe situada embaixo preséntase a programación de actividades das bibliotecas xestionadas pola Xunta de Galicia.
No apartado "Documentación" desta páxina, achegamos tamén varias versións do cartel adaptadas a redes sociais, web etc.