Día Internacional do Libro Infantil 2024

Imaxe

2 de abril de 2024

Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 
A sección patrocinadora deste ano é Xapón que difunde a mensaxe da escritora Eiko Kadono (baixo o lema “Navega polos mares coas alas da túa imaxinación”), ilustrado por Nana Furiya.
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego.