Distinción anual Sello CCB

Imaxe
Data de publicación

Convocatoria 2023

O Consello de Cooperación Bibliotecaria convoca a VII edición do Selo CCB para este ano 2023 que distinguirá aqueles proxectos innovadores de bibliotecas de diferentes tipoloxías dependentes das distintas administracións públicas españolas, independente do ámbito xeográfico no que se sitúen, ou proxectos de bibliotecas, tanto a nivel nacional como internacional, nos que colaboren as administracións públicas españolas.

Con independencia da finalidade á que se dirixa o proxecto, o seu deseño e execución debe realizarse baixo a perspectiva de igualdade de xénero e/o atención á diversidade e contribuír ao cumprimento dos Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030 da ONU.

Valoraranse os proxectos cuxa finalidade se enmarque nalgún dos seguintes obxectivos:

• Crear espazos, servizos e experiencias que promovan a igualdade de xénero, a atención á diversidade e a inclusión social e en especial aquelas que se realizan en cooperación con outros sectores.

• Difundir e promover o coñecemento da autoría de mulleres en todos os campos.

• Impulsar a conservación e difusión de coleccións de autores e autoras en linguas oficiais do Estado.

• Impulsar as bibliotecas como espazos de creación e laboratorios de ideas.

• Favorecer os servizos bibliotecarios en zonas en perigo de despoboamento e/o con carencias de servizos públicos. Valoraranse en especial proxectos e iniciativas de colaboración interxeracional en ámbitos rurais e urbanos.

• Desenvolver as competencias informacional e mediática.

• Impulsar accións destinadas a protexer e difundir o patrimonio bibliográfico.

• Impulsar a sustentabilidade ambiental.

Todas as bibliotecas que se presenten, excepto as correspondentes a bibliotecas escolares, deberán estar incluídas no directorio oficial de bibliotecas de acceso público a través da web do Ministerio de Cultura e Deporte, elaborado a partir de datos comunicados regularmente polas comunidades autónomas e que se atopa dispoñible en Directorio de Bibliotecas Españolas.

Outorgarase unha distinción por cada tipoloxía de bibliotecas, con 2 excepcións:

Na categoría de bibliotecas públicas con dúas modalidades: unha dirixida a bibliotecas públicas ata 10.000 habitantes e outra para bibliotecas públicas de máis de 10.000 habitantes e na categoría de bibliotecas escolares, que se terá tamán dúas modalidades.

Poderanse presentar proxectos admitidos como máximo en dúas convocatorias anteriores, sempre que teñan continuidade no tempo, que agreguen elementos ou aspectos significativos e novos no seu desenvolvemento, e que queden identificados na descrición do proxecto con claridade.

O prazo para presentación de proxectos finaliza o 15 de outubro de 2022, ás 23:59 horas.

A información completa pódese consultar en:  https://www.ccbiblio.es/sello-ccb/convocatoria-actual/