Convocatoria 2024
Publicouse no BOE o Extracto da Resolución do 28 de agosto de 2024, da Secretaria de Estado de Cultura, pola que se convoca concurso a proxectos innovadores de bibliotecas Selo CCB.
Esta Convocatoria Selo CCB 2024 que, nesta ocasión foi convocado polo Ministerio de Cultura, ten por obxecto premiar os proxectos innovadores de bibliotecas executados e desenvoltos por diferentes tipos (bibliotecas escolares, especializadas, nacionais e rexionais, públicas e universitarias) dependentes das distintas administracións públicas españolas, que estean situadas en territorio nacional ou internacional, as cales forman parte do Plan Estratéxico de Subvencións do Ministerio de Cultura.
Outorgaranse un máximo de 7 premios aos mellores proxectos seleccionados, dotado cada un deles con 5.000 euros, cun único beneficiario por cada modalidade.
O prazo para a presentación do formulario de inscrición e a memoria do proxecto estará aberto desde mañá día 5, ata o día 25 de setembro de 2024 inclusive.