Enquisa 2025 sobre as Directrices da IFLA para Bibliotecas Públicas

Imaxe
Data de publicación

Actualización das Directrices para o Desenvolvemento do Servizo de Bibliotecas Públicas

As Directrices para o Desenvolvemento do Servizo de Bibliotecas Públicas actualizáronse por última vez en 2010 e tiñan por obxectivo "ofrecer asistencia aos profesionais das bibliotecas e da información na maioría das situacións, e axudalos a proporcionar dun xeito mellor servizos eficientes, coleccións pertinentes e formatos accesibles dentro do contexto e das necesidades da comunidade local".

A Sección de Bibliotecas Públicas e a Sección de Bibliotecas Metropolitanas da IFLA reuníronse recentemente para revisar as Directrices da IFLA para o Desenvolvemento do Servizo de Bibliotecas Públicas e solicitan a colaboración do persoal das bibliotecas públicas coa finalidade de garantir que estas Directrices estean actualizadas, sexan relevantes e útiles. 

Podedes participar premendo na seguinte ligazón que vos levará á enquisa da IFLA