Data de publicación
Aberto o prazo para cubrir a enquisa de 2023
Do 15 de febreiro e ata o 31 de marzo, permanecerá aberto o prazo para cubrir a enquisa das bibliotecas públicas para o ano 2023.
No apartado Área para profesionais - Formulario da estatística de bibliotecas, xa está dispoñible:
- O acceso ao formulario
- O manual dirixido ás bibliotecas integradas no catálogo da Rede
- Os documentos de apoio para as bibliotecas Meiga cos datos referentes ao ano 2023.
As bibliotecas integradas no catálogo da Rede poderán dispoñer dos informes xa executados accedendo en Koha á sección de informes, no apartado de Informes anuais.