Data de publicación
Presentamos o calendario das Feiras do Libro de Galicia 2025
Entre o 25 de abril e o 23 de agosto, un total de 13 municipios galegos encherán as súas rúas de libros acompañados de multitude de propostas lúdicas para o público de todas as idades. Durante a celebración destas citas haberá presentacións, sinaturas de libros, coloquios, mesas redondas, actividades infantís e debates, entre outras actividades.