Apertura do prazo de inscrición para tres cursos
Aberto o prazo de inscrición, ata o 10/03/2025, para tres cursos virtuais do Programa Iberoamericano de Bibliotecas Públicas (Iberbibliotecas), previstos para o primeiro trimestre do ano:
- Servizo de referencia e representación descritiva no contexto da Intelixencia artificial: enfoques e usos: https://www.iberbibliotecas.org/cursos/servicioreferenciaia/
- Deseño de servizos e atención a persoas con discapacidade nas bibliotecas: https://www.iberbibliotecas.org/cursos/atencionpersonascondiscapacidad/
-
Deseño de solucións creativas: bibliotecas que lideran o cambio: https://www.iberbibliotecas.org/cursos/disenodesolucionescreativas/
Acceso ao formulario de inscrición para a solicitude de cursos
Estes cursos están destinados a persoal bibliotecario das bibliotecas públicas ou comunitarias dos países e cidades membro do programa.
Teñen unha duración de 8 semanas e son cursos totalmente gratuítos para os beneficiarios, que serán elixidos entre os rexistrados mediante un proceso de avaliación de currículums.