Iberbibliotecas

Imaxe
Data de publicación

13ª Convocatoria de axudas - Sesión informativa

Co obxectivo de recoñecer e consolidar as bibliotecas públicas e comunitarias como espazos de libre acceso á información e á lectura, traballar pola inclusión social e contribuír a cualificar a educación e desenvolvemento, o Programa Iberoamericano de Bibliotecas Públicas, Iberbibliotecas, realiza anualmente a Convocatoria de Axudas dirixida a bibliotecas públicas e comunitarias dos países e cidades membros. A convocatoria de axudas para o 2025 ten aberto o prazo de inscrición ata o 1 de xuño. 

O 30 de abril ás 17 h. a través da canle de Youtube de Iberbibliotecas: https://www.youtube.com/@iberbibliotecas, terá lugar un evento co obxectivo de orientar a aquelas persoas interesada en presentar o seu proxecto de biblioteca, especialmente no relativo ao formulario de inscrición e o orzamento.

Ademais, lembrámosvos que, conforme establécese na convocatoria de axudas, está dispoñible a Asesoría para a presentación de proxectos. Trátase dunha ferramenta de apoio e acompañamento deseñada para resolver dúbidas e facilitar a participación das bibliotecas no proceso.