Iberbibliotecas

Imaxe
Data de publicación

14ª Convocatoria de Axudas 2026

Está aberta a 14ª Convocatoria de Axudas 2026 de Iberbibliotecas ata o 31 de maio de 2026.

O obxectivo desta convocatoria é apoiar proxectos bibliotecarios innovadores en toda Iberoamérica, co fin de fortalecer as bibliotecas públicas e comunitarias dos países e cidades membros.

As entidades que poden presentarse a esta convocatoria son as seguintes:

1. Bibliotecas públicas e comunitarias dos países e cidades membros: Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Ecuador, O Salvador, España, México, Panamá, Perú, e as cidades de Medellín e Quito.
2. Asociacións, redes e sistemas de bibliotecas públicas ou comunitarias dos países ou cidades membros activos.
3. Organizacións públicas e privadas que presenten proxectos para o desenvolvemento de bibliotecas públicas ou comunitarias e redes de bibliotecas dos países e cidades membros activos.
4. Cidades ou países non membros que presenten un proxecto conxunto cunha cidade ou país membro activo. Neste caso, o proxecto deberá ser presentado por unha entidade da cidade ou do país membro activo e deberá contar cunha carta de aprobación ou informe favorable do proxecto por parte da entidade do país aliado.

Ademais, co obxectivo de dar apoio a aquelas persoas interesadas en participar nesta Convocatoria de Axudas, Iberbibliotecas ofrecerá asesoramento para a elaboración dos proxectos. Este asesoramento, realizado por profesionais con experiencia en planificación estratéxica e xestión de proxectos, axudará a responder consultas formais ou metodolóxicas relacionadas coa convocatoria. Pódese solicitar ata o 25 de maio na seguinte ligazón: http://www.iberbibliotecas.org/asesoriaproyectos

Para obter máis detalles e consultar as bases da convocatoria podedes consultar a seguinte páxina: https://www.iberbibliotecas.org/convocatoria-de-ayudas/