II Convocatoria de Bolsas de Mobilidade Internacional
Iberbibliotecas lanzou a II convocatoria de Bolsas de Mobilidade Internacional, destinada a promover a participación de bibliotecarios e bibliotecarias de bibliotecas públicas dos países membros de Iberbibliotecas en eventos como congresos, seminarios, obradoiros etc. Deste xeito, os beneficiarios poderán mellorar as súas competencias, a comunicación e a colaboración entre eles. España, como membro do Programa, participa na convocatoria deste ano que está destinada a:
Evento: Encontro de Bibliotecas Populares e Comunitarias
Lugar: Medellín, (Colombia)
Data: 24 e 27 de abril
En 2020, Iberbibliotecas apoiará a asistencia e participación dos bibliotecarios ao "Encontro de Bibliotecas Populares y Comunitarias de Medellín", que se realizará no marco do Día do Libro e no que converxerán os diferentes actores da cadea do libro, así como as entidades que promoven a lectura, a escritura e as artes.
Podes enviar a túa solicitude ata o 1 de marzo. Toda a información en:
http://www.iberbibliotecas.org/beca-internacional-iberbibliotecas-2020/