Convocatoria da 4ª Bolsa de asistencia a eventos internacionais 2024
Iberbibliotecas, publica a apertura da convocatoria da 4ª Bolsa de asistencia a eventos internacionais 2024. Prazo de inscricións aberto ata o 21 de abril.
A bolsa ofrece tres opcións de evento. Os deste ano, seleccionados polo Consello Intergobernamental de Iberbibliotecas, son:
- Seminario Internacional Biblioteca Viva. São Paulo, SP, Brasil (10 ao 12 de setembro de 2024)
- Encontro de Promotores de Lectura – FIL Guadalaxara. Guadalaxara, México (Pendente concreción de datas, pero tería lugar entre o 30 de novembro o 8 de decembro de 2024)
- IX Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas. Bogotá, Colombia (23 ao 26 de outubro de 2024)
As bases completas da convocatoria e o formulario de inscrición, atópanse dispoñibles en: https://www.iberbibliotecas.org/beca-internacional/
O martes 2 de abril ás 16h, terá lugar unha charla informativa en directo para resolver dúbidas: https://www.youtube.com/live/gfvm2oHrJFc?se=UYwUxSAeHCVYEh_S
Esperamos que esta información sexa do voso interese e animámosvos a participar xa que cremos que é unha excelente oportunidade para o persoal bibliotecario de Iberoamérica de participar en eventos de cultura, bibliotecas ou lectura e para contribuír ao desenvolvemento profesional das persoas que traballan das bibliotecas públicas.