Data de publicación
Xuño - Xullo 2019
Iberbibliotecas, o Programa Iberoamericano de Bibliotecas Públicas, presenta o seu programa de cursos virtuais dirixidos a bibliotecarios públicos dos países e cidades membros para o ano 2019.
Nesta convocatoria ofrecerá 300 prazas repartidas nos seguintes cursos:
- Formación de usuarios e alfabetización informacional
- Xestión e preservación do patrimonio dixital
O prazo de inscrición desta convocatoria remata o vindeiro día 16 de maio e os cursos comezarán o día 19 de xuño.
Podedes consultar toda a información sobre a convocatoria, requisitos, datas e programas dos cursos, na páxina web da convocatoria.